top of page

Pequena antoloxía de poemas de Nadal

Búscase axuda, Timothy Tocher

Papa Noel precisa renos novos

O primeiro grupo deles xa está vello.

Dashed ten artritis; Comet odia o frío.

Prancer está farto de mirar o gran cu de Dancer.

Cupid casou con Blitze e Donder perdeu a cabeza.

Dancer está enfadado con Vixen por andar pisándolle os pés.

A Vixen botárono: riuse do nariz de Rudolph.

Se ti es un reno esperamos que solicites o posto.

Só hai unha cousa difícil: tes que saber voar.

 

Sen título, Wendy Cope

No Nadal tódolos nenos cantan e escoitase o tintín das alegres campaíñas.

Co xeado aire invernal, formiguéannos as mans e as caras

e as familias felices van á igrexa alegremente mezcladas;

e todo en xeral é espantoso se non estás acompañada.

 

Búscase, Sue Cowling

Búscase unha estrela de confianza

pra dirixir un pequeno grupo cara o oeste.

Deberá ser brillante e con bo sentido da orientación

Abstéñanse persoas que só buscan perder o tempo.

Enviar curriculum vitae a Childtrek,

Planeta Terra.

Noiteboa, Roger Stevens

Na Noiteboa,

era tan tarde

que incluso mamá e papá

estaban durmidísimos na súa cama;

eu quedeime no alto das escaleiras

na casa facía calor

e as luces dos árbores estaban acesas.

Podo cheirar o pastel de carne

e a anticipación.

Pido un desexo.

O amor chegou no Nadal, Christina Rosetti

O amor chegou no Nadal,

o amor tan amoroso; o amor Divino;

o amor foi nado no Nadal,

estrelas e anxos deron a sinal.

Adoramos á deidade,

o amor encarnado, o amor Divino,

Adoramos nós ó noso Xesús:

pero, con qué sinal sagrado?

O amor será a nosa sinal,

o amor será teu e o amor será meu,

Amor para Deus e para tódolos homes,

Amor pola súplica, o agasallo e o sinal.

bottom of page