O chisme coma testemuña
- unha sinatura postmoderna
Irit Rogoff suxire formas de mirar cara outro lado
Parte 3
Dentro deste ambiente esaxerado de chismes e rumores, a actividade política e artística de Mendieta non xogou practicamente ningún papel. O seu activismo feminista; a súa co-fundación de Heresies, a súa política, o seu contacto constante con Cuba, a súa promoción de artistas cubanos nos Estados Unidos, nada disto mencionouse. O seu traballo como artista consistía e movementos de terra e queima de pancartas, obxectos endebles e transitorios ubicados en rexións remotas; non son susceptibles de seren vendidos e coñécense principalmente a través de representacións fotográficas. Eran acontecementos que tiñan lugar lonxe do mundo da arte neoiorquina, co seu sentido narcisista da súa propia centralidade e importancia. Todo elo constituía certamente unha oposición ás normas polas qeu es rexía o mundo da arte neoiorquino na década de 1980. Sen embargo, abordalos tería sido o recoñecemento de outro conxunto alternativo de posibilidades que estaban seguindo varios grupos implicados en prácticas críticas de oposición. En cambio, todo o mundo artístico e político de Mendieta convértese en xénero e raza a través de chismes para restablecer as regras de funcionamento polas que o mundo da arte se rexe e lexitimar a súa morte. “Era unha cubana chifrada, así que, que se pode esperar?”, cita uns dos xornais. O complexo drama da vida dunha muller do Terceiro Mundo no corazón do mundo da arte occidental redúcese a unha saga de sexo e violencia. De novo podemos recoñecer a constitución deste discurso de chisme sobre a disolución artística dos inmigrantes revoltosos como sinal da re-agrupación dun discursos serio sobre o tema da arte, a súa esixencia dunha actitude de resistibilidade, de compromiso, de realismo. Quero volver a visitar o lugar da narrativa de Mendieta tal e como se conta a través dos chismes periodísticos do mundo da arte de Nova York coa miña pregunta anterior, que significa ter probas das actividades sexuais de alguén, da súa sexualidade? Como pode unha empezar a supoñer este tipo de coñecemento se non é a través destas estruturas de proxección fantasmagórica? Polo tanto, tería que preguntar se é posible que o chisme funcione ao mesmo tempo como unha acción policial para a re instauración de contidos e contables xéneros, e como un lugar para as nosas máis prezadas fantasías sobre a transgresión e o exceso.
Respecto a argumentación que estamos a facer gustaríame pasar ó último destes breves exemplos, tomado dende a cultura dos medios de comunicación. O terceiro destes exemplos trata dos constantes rumores e chismes sobre a identidade sexual de certas artistas mediáticas como Roseanne Barr e Whitney Houston. Cal é a relación entre Roseanne e a súa irmá na vida real que fixo da súa irmá na popular serie de televisión na que traballaban? Tiveron unha relación amorosa, explica isto a virulencia do seu fracaso e os intricados camiños legais que foron o resultado disto? Cal é o significado do feito de que ata o de agora a maquinaria publicitaria de Whitney Houston emitira 32 comunicados declarando que non é lesbiana? Por que hai unha constante especulación sobre as relacións diante e detrás de cámara das catro protagonistas de Designing Women, a serie televisiva sobre a firma de decoración de interiores de catro mulleres de Atlanta, Georgia. Estou segura de que non tedes a paciencia necesaria para escoitarme repetir por millonésima vez as especulacións sobre a identidade, preferencias, prácticas, etc. sexuais de Madonna. Na actualidade, gran parte dos medios de comunicación relacionados co mundo do espectáculo de Estados Unidos están infestados de rumores sobre a “verdadeira” identidade sexual de diferentes persoas. Ao ler estas respostas e tratar de aceptar a miña pregunta anterior sobre a natureza traizoeira, dual e contraditoria dos chismes e as súas funcións, estou moi en débeda co emerxente corpo da teoría queer e, en particular, co recente traballo de Alexander Doty en Making things quite queer. Doty móvese dende lecturas anteriores, como a de D.A. Miller, que entende o chisme como “a práctica significantemente dominante da homofobia” e das lecturas que ven isto coma unha forma de confesión. Di que nos medios de comunicación de masas atopamos a miúdo un punto de encontro entre as identificacións individuais con praceres específicos e os procesos polos que a cultura no seu conxunto “convértese nalgo queer”. Ao definir o uso de “queer”, di:
Tamén quería atopar un termo con certa ambigüidade, un termo que describise unha ampla gama de impulsos e expresións culturais, incluíndo un espazo para describir e expresar bisexual, transexual e heterosexual. Inda que recoñecer que tanto os homosexuais como os heterosexuais poden operar e media r dende espazos culturais heterosexuais ou culturas heterosexuais-despois de todo, a maior parte de nós medramos aprendendo as regras da cultura heterosexual, prestamos menos atención á cuestión de qeu basicamente os textos heterocentristas poden conter elementos queer, e xente heterosexual, que se definen a sí mesmos así, poden experimentar momentos queer. E esta xente debería estar animada a examinar e experimentar estes momentos como queer, non como momentos de “pánico homosexual” ou unha confusión temporal, ou como mala sorte, algo polo que sentir vergoña, ou lapsos pecadores cheos de xuízos ou seren ignorados, reprimidos, condenados ou dalgunha maneira explicados dentro das políticas da cultura heterosexual-ou incluso con discursos dende o gay e o lesbiano.
Así pois, o que temos aquí é un escenario que abarca identificacións conflitivas que non poden recoñecerse dentro das linguaxes de identidades separadas, discretas. Doty pasa a analizar unha serie de películas narrativas tradicionais incluíndo Los caballeros las prefieren rubias e a máis recente Thelma and Louise, que están aparentemente dirixidas a un público heterosexual, pero que teñen o potencial provocador do que el chama respostas queer:
As intentas tensións e praceres xerados polos aspectos muller-home e home-muller dentro das narrativas destas películas crean un espazo de inestabilidade sexual coa que os espectadores queer poden conectar de varias maneiras, e co que os heterosexuais poden recoñecerse e expresar os seus impulsos queer. Por exemplo, os gays poden atopar unha forma de pracer queer na relación alternativamente terna e bulliciosa entre Lorelei/Marilyn Monroe e Dorothy/Jane Russell en Los caballeros las prefieren rubias, o nos persoaxes principais de Thelma and Louise, e calquera espectador podería sentir unha atracción sexualmente ambigua – é gay, lesbiana, bisexual ou heterosexual? – cara a imaxe de Katherine Hepburn vestida de moza en Sylvia Scarlet.
Sen ningunha dúbida, o chisme, pola súa problemática relación co realismo histórico foi sempre posmoderno e pode servir para des-estabilizar a historiografía do modernismo ao sinalar tanto as economías alternativas inscritas no negocio da produción cultural como ás fantasías psíquicas cuxa constante insatisfacción cos relatos existentes segue xerando especulacións non probadas. Ademais, os momentos nos que nos detemos, escoitamos, sentímonos afectados e intentamos teorizar os chismes, son os momentos dun “queering” da cultura, segundo o termo de Doty. Momentos nos que non só desconfiamos da falsa coherencia inmutable dos relatos mestres, senón tamén da falsa coherencia inmutable das nosas identidades como suxeitos destas narrativas.
Gabrielle Munter, Meditation, 1917, oil on canvas, courtesy of Stadtische Galeries im Lenbackhhaus
Texto orixinal de Irit Rogoff. Tradución de Noa Costas.