Lee Ufan: No infinito
1993
Gustame a arte que evoca unha sensación de infinito. Hai algo que va máis aló do artista nas pinturas paisaxísticas das dinastías Tang e Sung, que brota dun espazo poderoso e resoante onde as partes pintadas e non pintadas interactúan. Tamén en antigos murais romanos, nos que pequenos restos de imaxes pintadas se empurran contra a ampla extensión do xeso que ocupa o espazo ao seu redor. As imaxes budistas esculpidas en pedra natural nas montañas, desgastadas por moitos anos de vento e chuva. O torso de Belvedere, cuxa ausencia de brazos e pernas se interpenetran co espazo circundante. Todas estas son obras de arte nas que a súa lexitimidade deriva dunha relación co mundo exterior, exalando unha atomsfera de infinito inesgotable.
Cando certo crítico usa o exemplo de Claude Monet nunha discusión sobre Lucio Fontana, a mentira refírese inevitabelmente ao infinito. Inda que as pinturas de Monet e Fontana teñan unha base firme na autoconsciencia, introducen dramaticamente elementos inmensurábeis do mundo exterior e son permeados pola consciencia do mesmo. Tanto Monet coma Fontana presentan un mundo en movemento, Monet usando a cor para suxerir a infinidade do tempo que muda a cada instante, mentres que Fontana racha fendas na tela para suxerir a infinidade do espazo. Dun xeito brillante, dan forma visual á existencia do mundo exterior e ás relacións que se forman con el.
As obras de arte poden falar, mais non son unha linguaxe como tal. Dende que as obras teñen unha relación co mundo exterior están necesariamente separadas da língua. De acordo coa teoría lingüística moderna, as palabras son basicamente sinais representativas que expresan e representan o eu. Ás veces, parto do idioma do eu, pero sempre quero manter unha relación co mundo incerto e descoñecido máis aló del. Non quero poñer o mundo en palabras ou posuílo co meu ego, senón que quero entrar nunha relación con el que me permita percibilo.
Polo tanto, inda que as miñas obras sexan miñas, non dependen só de min. O meu traballo non é idéntico comigo. Isto é porque o mundo exterior penetra profundamente nel. Noutras palabras, o meu xeito de abordar a arte é unha expresión de curiosidade e unha exploración do infinito. O infinito comeza co eu, pero só se manifesta plenamente cando vai ligado a algo externo alén deste eu. Eu non quero fixar ou representar o eu coma eu, senón recoñecer a súa existencia en relación a alteridade e percibir o mundo nun lugar onde tal relación existe.
Na serie de pinturas Do punto e da liña: https://www.tate.org.uk/art/artworks/lee-from-line-t07301 que fixen nos anos setenta, tentei expresar o infinito coma un concepto de repetición con variacións ilimitadas. A énfase estivo máis na repetición e variación que na alteridade. Nos anos oitenta, tal como a gama das variacións expandidas, o vacío emerxeu na superficie pictórica. Prestei atención a colocalo como un territorio onde a pintura nasce e evoca unha sensación de infinito a través das correspondentes relacións co punto e a liña.
Na escultura, comecei por establecer conflitos entre materiais distintos, tales como a pedra e o vidrio, incentivando un encontro coa alteridade presentando os efectos das forzas máis alá da miña vontade. A acción e os acontecementos foron elementos importantes nestes traballos. Finalmente, xustapuxen placas de aceiro e materiais industriais neutros con pedras naturais, obxectos que conteñen moitos elementos ambiguos, presentando a arte coma unha situación creada ao xuntar certas cousas. Salientouse así unha relación de confrontación, mellorando a capacidade de resposta ao mundo exterior.
As miñas pinturas asemellanse ás de Daniel Buren e Richard Trelawney nas súas imaxes e, ás veces, no uso da repetición. A miña escultura, nos seus temas e materiais, asemellase á de Richard Serra e Richard Long. No entanto, existen diferenzas decisivas entre o meu traballo e o destes artistas. A súa obra é caracterizada pola abstracción ou xeralización do uso de patróns ou detalles da pintura, ou o aceiro ou a pedra actuando para representar os logos do artista. O lienzo ou material que usan é familiar. Non ten un carácter individual recoñecíbel e non revela un cambio cara a alteridade. A obra, sexa pintura ou obxecto material, non acepta cousas exteriores a sí propia, non ten unha relación estreita co espazo e non incorpora a atmosfera do mundo exterior. O seu traballo está envolto nun concepto de infinito derivado do eur ou do ego.
As miñas obras son completamente indivualizadas e especializadas, inacabadas e ambiguas, porque elas crean unha relación entre o mundo interior e exterior. Isto pode parecer estraño para o espectador, ou mesmo irritante. Os meus cadros semellan ser comparativamente doados de entender, ata se hai partes que quedan sen pintar ou baleiras, quizais por empregar o lienzo, o formato estandar da pintura. No entanto, o uso da pedra natural sen calquer embelecemento parece causar perplexidade nas persoas cuxo pensamento esté centrado no ego humano. No mundo do pensamento, teorías que enfatizan o non-ego e a alteridade están a gañar influencia, mais aínda é difícil para a xente recoñecer a existencia de cousas externas ao ser/eu/ego, especialmente o mundo fora dos seres humanos. Un xove filósofo francés díxome “ Nas túas esculturas a pedra falar por sí sen te escoitar, por iso desorienta ao espectador”. A pedra que traio para a miña obra non me representa. Non ten o fin de dicir as miñas palabras. É unha entidade incerta que comunica co mundo exterior, aceptando as súas limitacións. Fago arte para ver como podo relacionarme co indefinido e descoñecido.
Na sociedade occidental, hai moitas situacións nas que o recoñecemento mutuo entre o eu e o outro ten lugar nas relacións humanas. Na Asia oriental, por outro lado, hai unha tendencia a enfatizar o territorio de alteridade nas relacións con cousas naturais, como os animais, as plantas, as pedras e a Terra. Os meus traballos amosan unha preferencia pola mediación de unha relación con cousas incertas e inorgánicas, máis que sacar á luz a autoconsciencia humana. Isto é probablemente devido ao ambiente no que fun criado.
A miña conciencia histórica e a miña visión do mundo levanme a ver o eu en ligazón cun maior mundo exterior, o que inclúe os seres humanos. O mundo trascéndeme e non é transparente. Dende o meu enfoque, ao enfrentar este outro non transparente, o eu perde continuamente a súa pureza e é filtrado e despois renacido como o outro. Mostra que a arte é unha especie de superación, un salto dunha condición para outra. Polo tanto, unha obra de arte debe de ser o sitio de tal salto, un lugar onde hai mediación interactiva entre o eu e o outro. Ao contrario da arte moderna, o meu traballo non é un obxecto fechado e autocontido que reproduce o eu. Está disposto como un lugar aberto, por medio dunha relación entre sí e os outros.
Na miña obra, a expresión non é privilexiada como expresión ou representación do eu, senón que é neutralizada como unha relación co outro para formar un lugar non obxectivo. As miñas pinturas recentes sacan á luz unha relación receptiva cos mínimos toques e golpes, operando nunha zona periférica indefinida, para se tornar nun lugar que evoca unha sensación de infinito. Tamén na miña escultura, a énfase mudou gradualmente da relación entre unha cousa e outra á relación entre a cousa e o seu espazo circundante. Actualmente me preocupa a conexión entre a expresión e o mundo exterior. Na miña pintura, as marxes baleiras e a parede median unha coa outra; na miña escultura, as cousas no espazo da exposición responden ás cousas no mundo real.
En última instancia, unha obra de arte non é nin a realidade como tal nin un conxunto de conceptos. Debido ao carácter fundamentalmente intermediario da miña arte, ela nin se achega á realidade nin toma unha dirección conceptual.
A miña arte é ao mesmo tempo simple e complexa. Limítome estrictamente no sentido de manter a escolla de materiais, a estructura e os actos de facer ao mínimo. Con todo, as obras son complexas e difíciles porque emprego materiais irregulares tal e como son e acepto as condicións do espazo que os rodea. En resumo, ao limitarme o máximo posíbel intento envolverme co mundo todo o que podo.
O meu tipo de minimalismo é un método que requere que o meu entorno de traballo sexa máis enerxizado có propio traballo. A obra non é un texto composto por sinais. Quero que sexa un corpo vivo e enerxético poseedor de variabilidades e contradicións. A situación dunha pincelada, dunha pedra ou dunha placa de aceiro debe tornarse nun organismo vivo cheo de enexía na súa relación coa alteridade. A resistencia inerte dos materiais empregados é máis importante cás miñas accións, e estes deben funcionar coma partes dunha relación, unha interacción entre os propios materiais e entre os materiais e o espazo circundante. Isto só pode ser acadado mediante o mesmo tipo de disciplina rigorosa que un atleta utiliza para perfeccionar as súas capacidades e un emprego coidadoso da lóxica na organización dos materiais.
Son responsable da produción de enerxía na interacción, mais dependo do poder do espazo baleiro para evocar unha sensación de infinito na obra. Así, o traballo recibe vitalidade a través da realidade e das ideas, influenciando a estas ao mesmo tempo.
Quero que as miñas obras sexan entidades non trasparentes que conteñan o descoñecido para mín e para os outros.
obra Relatum-stage, 2018
En: Lee Ufan, The Art of Encounter, traducido do inglés por Stanley N. Anderson, Lisson Gallery, London 2004, pp. 12-16