Vocabulario
Poema de Wisława Szymborska incluído no poemario View with a Grain of Sand
“La Pologne? La Pologne? Non vai un frío terrible alí?” preguntou ela, e logo suspirou con alivio. Teñen xurdido tantos países últimamente que o máis seguro é falar do clima.
“Madame” quero responder “xs poetas do meu pobo escríbeno todo en luvas. Non quero dicir que non as quiten nunca; elxs fanno, de feito, se a lúa está o suficientemente quente. Nas estrofas compostas por berros roucos, xa que so estes poden afogar o constante ruxido das tempestades, elxs glorifican a vida sinxela dos nosos pastores de morsas. Xs nosxs Clasicistas gravan as súas odas con carambelos de tinta sobre montes de neve pisados. O resto, xs nosxs Decadentes, lamentan o seu destino con flocos de neve en lugar de bágoas. Aquel que desexe afogarse debe ter unha machada a man para corta-lo xeo. Oh Madame, queridiña Madame”
Iso é o que eu quería dicir. Pero esquecín a palabra morsa en francés. E non estou segura de carambelo e machada.
“La Pologne? La Pologne? Non vai un frío terrible por alí ?”
“Pas du tout, “ Respondín friamente.
Traducido do Inglés por Breogán Xague,
traducido do polaco ao inglés por Stanislaw Baranczak e Clare Cavanagh